A remuda xeracional no Ribeiro

Dende 13 de xullo, 2023 - Ata 13 de xullo, 2023

Neste evento abordarase a cuestión da remuda xeracional nos sectores vitivinícola, turístico e hostaleiro do Ribeiro, visibilizando a problemática detectada nesta comarca ourensá e demostrando que esta é tamén unha forma de emprender

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

Na primeira parte do evento abordarase a cuestión da remuda xeracional, tendo en conta a problemática detectada nesta comarca ourensá e demostrando que pode ser unha oportunidade para emprender e buscar unha saída laboral por conta propia.

Na segunda parte, expoñeranse casos de éxito que permitirán abrir un debate sobre as oportunidades laborais que xorden de aproveitar os recursos locais. Por outra banda, tamén se fará fincapé no papel que xoga o Polo Miño Central como promotor de accións de emprendemento.

 

 

Programa:

11:10 h - Recepción de asistentes e benvida.

11:30 h - Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Miño Central

11:50 h - MESA REDONDA:

Presentación de casos de éxito:

  • Rodrigo Paniagua “Licores Paniagua” . Sector venda ao retallo de bebidas espirítuosas.
  • Elena García de “Restaurante e tenda gourmet Lembranza Orixe”. Sector hostaleiro.
  • Olga Penedo de “Bodega Casa Gandarela”. Sector vitivinícola e turístico.

Debate/coloquio sobre a necesidade de apoiar e achegar solucións á remuda xeracional. Modera equipo de emprendemento Polo Miño Central.

12:50 h - Rolda de preguntas dos asistentes e conclusións

13:00 h - Ágape networking

 

Lugar e data de celebración:

Casa Gandarela Aloxamento Rural

Carballeda de Abaixo s/n

32459 Laias. Cenlle (Ourense)

Xoves, 13 de xullo de 2023

11:10 a 13:00h


Presencial

Voltar