A Economía Social e Modernización do Sector Agroalimentario: Certificacións de Calidade e Medioambientais

Dende 09 de xuño, 2025 - Ata 09 de xuño, 2025

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza a 4º edición do curso gratuíto "A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais" no marco da Rede Eusumo.

Categorías: Outra

Modalidades: Online

 

Obxectivos

  • Desenvolver un curso sobre a modernización do sector primario, dende a concepción cooperativa e de certificacións medioambientais e de calidade.
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo e das empresas da economía social e as súas características básicas e diferenciadoras.
  • Amosar dende a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión das certificacións medioambientais 
  • e de calidade.
  • Contribuír a que se coñezan e valoren as cooperativas e as empresas da economía social e as súas achegas sociais e económicas.
  • Contribuír ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través de estratexias que redunden na calidade.

Contidos da teleformación: 

  • Unidade I: COOPERATIVISMO NO SECTOR PRIMARIO
    • Duración: 10 horas.
    • Módulo 1. AS COOPERATIVAS.
    • Módulo 2. MARCO LEGAL DO COOPERATIVISMO.
    • Titores: Carlos Ares, técnico de AGACA e Demetrio Bedriñana, técnico de AGACA
  • Unidade II: CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE
    • Duración: 40 horas.
    • Módulo 3. ISO 9001.
    • Módulo 4. CERTIFICACIÓNS EN VACÚN DE LEITE.
    • Módulo 5. GLOBALG.A.P.
    • Módulo 6. BRC/IFS.
    • Módulo 7. ISO 22000.
    • Titores: Francisco López, técnico de AGACA e Javier Martínez, técnico de AGACA.
  • Unidade III: CERTIFICACIÓNS AMBIENTAIS
    • Duración: 20 horas.
    • Módulo 8. ISO 14000 (14063, 14067...).
    • Módulo 9. ANÁLISE DO CICLO DE VIDA.
    • Módulo 10. PEGADA DE CARBONO.
    • Módulo 11. PEGADA HÍDRICA.
    • Titores: Francisco López, técnico de AGACA, e Javier Martínez, técnico de AGACA

Online

Voltar