A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais
Dende 01 de agosto, 2024 - Ata 01 de agosto, 2024
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza a teleformación "A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais" no marco da Rede Eusumo
Categorías:
Outra
Datas: do 1 de agosto ao 15 de setembro
Horas: 70
Modalidade: en liña
Plataforma: elearning.laceseconomiasocial.com
Obxectivos:
- Desenvolver un curso sobre a modernización do sector primario, dende a concepción cooperativa e de certificacións medioambientais e de calidade.
- Dar a coñecer o modelo cooperativo e das empresas da economía social e as súas características básicas e diferenciadoras.
- Amosar dende a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión das certificacións medioambientais e de calidade.
- Contribuír a que se coñezan e valoren as cooperativas e as empresas da economía social e as súas achegas sociais e económicas.
- Contribuír ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través de estratexias que redunden na calidade.
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Programa