A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais

Dende 03 de xuño, 2024 - Ata 03 de xuño, 2024

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza a teleformación "A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

Datas: do 3 ao 14 de xuño.

Horas: 70.

Modalidade: en liña.

Plataforma: elearning.laceseconomiasocial.com

 

Obxectivos: 

  • Desenvolver un curso sobre a modernización do sector primario, dende a concepción cooperativa e de certificacións medioambientais e de calidade.
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo e das empresas da economía social e as súas características básicas e diferenciadoras.
  • Amosar dende a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión das certificacións medioambientais e de calidade.
  • Contribuír a que se coñezan e valoren as cooperativas e as empresas da economía social e as súas achegas sociais e económicas.
  • Contribuír ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través de estratexias que redunden na calidade.

 

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop


Programa

Outra

Voltar