Dende 05 de xuño, 2025 - Ata 05 de xuño, 2025
Formación para aprender máis sobre a nova reforma laboral, organizada por AJE Galicia.
Categorías: Outra
📅 Xoves, 5 de xuño | 17:00-19:00 h
📍 Auditorio Deputación de Pontevedra (C. Eduardo Chao, 17, Vigo)
A nova reforma laboral, aínda pendente de aprobación, vai traer importantes novidades na materia. Moitas delas, como a redución de xornada ou o rexistro de horarios electrónico, con implicación directa no día a día da empresa. Por ese motivo organizamos esta formación específica en novidades laborais, para axudar aos emprendedores e autónomos na xestión diaria das súas empresas, chave para unha boa xestión integral.