Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega - 2023

Dende 28 de abril, 2023 - Ata 29 de maio, 2023

Categorías: Mercado

Acceda dende aquí

IN201G - Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega - 2023

Data de publicación: 28/04/2023

Data de inicio solicitude: 29/04/2023

Data de remate solicitude: 29/05/2023

Obxecto

Esta Orde ten por finalidade conceder as axudas para o fomento da comercialización da artesanía galega.

Características da axuda

Titulares dos obradoiros artesanais

Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais:

a) Feiras profesionais de artesanía.

b) Feiras non profesionais.

c) Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2022/23.

A axuda consistirá en tíckets de impulso á comercialización, se non dispoñen da documentación acreditativa da actividade realizada, que terán as seguintes modalidades:

a) Tícket de feira profesional cun importe máximo de axuda cada un de: 500,00€, 1.000,00€, 1.500,00€, 2.000,00€ e 3.000,00€, cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. A axuda concederase unicamente para a participación en feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 500,00€.

A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80% do investimento subvencionable (IVE excluído).

b) Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda cada un de: 400,00€ e 750,00€, cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00 €. Quedan excluídas de solicitar por tícket as feiras do período de Nadal 2022/23.

A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).

c) Feiras de Nadal 2022/23. Quedan excluídas as feiras de Nadal 2023/24. A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00€.

O importe máximo de axuda para estas feiras de Nadal será do 80% do investimento subvencionable (IVE excluído) cun máximo de 1.500,00€ por feira e cun límite de 3 feiras para este período.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas estas actuacións subvencionables non poderá superar 8.000,00€, IVE excluído.

O pagamento da axuda realizarase unha vez que se xustifiquen os gastos, sempre que se xustifique, como mínimo, o 40% da axuda concedida.

Concellos

Considéranse actuacións subvencionables a organización e celebración de feiras ou eventos de interese artesanal:

a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento subvencionable, cun máximo de 15.000,00 € de subvención por feira.

b) Feiras non monográficas de distintos oficios.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento subvencionable. O importe máximo de subvención será de 3.000,00 € por feira se contan cun mínimo dun 80 % de obradoiros artesáns inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia sobre o total de postos. O importe máximo de subvención será de 1.500,00 € por feira para as que conten cun mínimo do 40 % de obradoiros artesáns mencionados na alínea anterior.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000,00 €.

Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns

Considéranse actuacións subvencionables:

1. A organización de feiras de artesanía, no ámbito da Comunidade Autónoma, de distintos oficios e que conten cun mínimo dun 70% de postos obradoiros artesáns inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia sobre o total de postos.

– De 10 a 20 obradoiros artesáns, corresponderalle o 80% do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 10.000,00€.

– De 21 a 29 obradoiros artesáns, a porcentaxe acadará o 80% do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 12.000,00€.

– Máis de 30 obradoiros artesáns, acadarase o 80% do investimento subvencionable (IVE excluído) cun máximo de 18.000,00€.

2. O mantemento da páxina web:

– De 10 a 30 membros asociados, que figuren inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, corresponderalle o 80% do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 8.000,00€.

– De 31 a 50 membros asociados, que figuren inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, a porcentaxe acadará o 80% do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 15.000,00€.

– Máis de 50 membros asociados, que figuren inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, acadarase o 80% do investimento subvencionable (IVE excluído) cun máximo de 20.000,00€.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.

Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na sección segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.


Imprimir
Axuda