Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento - 2024

Dende 05 de febreiro, 2024 - Ata 28 de xuño, 2024

Categorías: Emprendemento

Acceda dende aquí

TR880A - Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento - 2024

Data de publicación: 05/02/2024

Data de inicio solicitude: 12/02/2024

Data de remate solicitude: 28/06/2024

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciase a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022.

En concreto:

1) Equipamento informático.

2) Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.

3) Investimentos en eficiencia enerxética.

4) Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.

5) Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.

6) Gastos notariais e/ou rexistrais.

7) Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade.

8) A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man sempre que cumpran os requisitos establecidos.

Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue dende o 30 de setembro de 2023 ata a data da presentación da solicitude.

A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:

a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.

b) Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.

c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a contía da axuda será do 40 % do investimento.

d) Con inversións de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a contía da axuda será do 30 % do investimento.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, e as sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego que cumpran os dous requisitos seguintes:

- que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e

- que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022.


Publicación DOG

Ficha sede electrónica

Imprimir
Axuda