Subvencións a establecementos e servizos turísticos nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade - 2023

Dende 06 de xuño, 2023 - Ata 06 de xullo, 2023

Categorías: Mercado Responsabilidade Social Empresarial Sustentabilidade

TU970A - Subvencións a establecementos e servizos turísticos nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade - 2023

Data de publicación: 06/06/2023

Data inicio de solicitude: 07/06/2023

Data remate de solicitude: 06/07/2023

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do ICTE no ano 2023.

Características da axuda

Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2023 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2023.

Concretamente:

Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación correspondente ao ano 2023.

Tamén serán obxecto das axudas os gastos de auditoría externa derivados dos aprazamentos dos procesos de seguimento e/ou renovación correspondentes ao ano 2022, que se realicen no 2023, sempre e cando fosen aprobados polo ICTE e cuxa data de facturación se produza en 2023. As contías das axudas dos procesos de aprazamentos terán unha intensidade do 30 %.

Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2023, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase en base a puntuación que alcancen os proxectos presentados en relación cos criterios de valoración establecidos na convocatoria, segundo se detalla a continuación:

Puntuación Intensidade
51 - 100 puntos 70%
31 - 50 puntos 65%
0 - 30 puntos 60%

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:

Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local.

Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.


Imprimir
Axuda