Dende 06 de novembro, 2023 - Ata 31 de decembro, 2024
Categorías: Responsabilidade Social Empresarial
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás cales se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2023.
As empresas beneficiarias do programa optarán aos seguintes servizos:
1º. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.
2º. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e ferramentas da RSE. Así mesmo, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para a construción dun plan de acción RSE.
3º. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para a elaboración dun plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.
Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia e que non fosen beneficiarias nas anteriores edicións.
Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.