Dende 10 de xuño, 2025 - Ata 15 de setembro, 2025
Categorías: Xestión Investimentos Mercado
Esta Orde ten por obxecto convocar as subvencións do Programa ES-Transforma, de apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades, incluídas as cooperativas xuvenís, e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica.
Os conceptos subvencionables son os seguintes:
1. Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legalmente preceptivos para o proceso de transformación.
2. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
3. Obtención de certificacións de calidade.
4. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
5. Plan de protección de datos.
6. Equipamento informático.
7. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
8. Mellora na eficiencia enerxética.
9. Adquisición de equipamento.
10. Reforma do local de negocio.
11. Mobiliario.
12. Elementos de transporte.
13. Alugamento do local do centro de traballo.
14. Seguro de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación do centro de traballo.
Os servizos descritos nos números 1, 2, 3, 4 e 5 deberán estar implantados no período de execución.
A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables para o caso de sociedades laborais e cooperativas constituídas por ausencia de remuda xeracional.
A contía da axuda será equivalente ao 60 % do custo total dos gastos subvencionables para os casos de sociedades laborais e cooperativas constituídas por persoas autónomas ou por transformación doutras entidades.
A contía da axuda polos conceptos subvencionables do artigo 6 terá os seguintes límites:
4.000 € para o gastos incluído no concepto 1.
5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 2, 3, 4 e 5.
8.000 € e 12 mensualidades como máximo para o aluguer do centro de traballo, incluído no concepto 13.
500 € como máximo para os seguros de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación no seu conxunto, incluídos no concepto 14.
O límite máximo das axudas para os gastos subvencionables especificados establécese en 30.000 € por entidade beneficiaria.
No caso de que se solicite unha contía superior concederase o importe de axuda de acordo coa orde de prelación dos gastos establecida.
As contías da axuda poderán incrementarse en 2.000 € por cada una das condicións que se cumpra das que se sinalan a continuación, cun máximo de 16.000 euros por entidade beneficiaria:
a) 2.000 € no caso de que a sede social da entidade beneficiaria estea situada nun concello rural.
b) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias que estean formadas maioritariamente por mulleres.
c) 2.000 € no caso de que na actividade económica da nova entidade beneficiaria as mulleres contratadas nos grupos ocupacionais se atopen subrepresentadas.
d) 2.000 € no caso das entidades que estean formadas maioritariamente por persoas menores de 30 anos na data de solicitude da axuda.
e) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas emigrantes retornadas.
f) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas maiores de 45 anos.
g) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas con discapacidade.
h) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas trans.
A axuda total para cada entidade beneficiaria non poderá exceder os 46.000 euros.
Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas creadas nos tres anos anteriores á data da presentación da solicitude, mediante algún dos procesos seguintes:
a) Constitución por ausencia de remuda xeracional.
b) Constitución por persoas autónomas.
c) Constitución por transformación.