Dende 31 de marzo, 2022 - Ata 31 de xullo, 2024
Categorías: Investimentos Sustentabilidade
Esta resolución ten por obxecto publicar a convocatoria das axudas correspondente as anualidades 2022-2023 para o programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía.
Este programa céntrase no Programa de incentivos 1: realización de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e outros sectores da economía incluíndo o sector residencial.
Os custos subvencionables máximos, custos de referencia e contía das axudas para cada unha das actuacións veñen establecidos no anexo III do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro.
Serán destinatarios das axudas do Programa de incentivos 1, os suxeitos que realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado:
a) Persoas físicas que deberán estar dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
b) Persoas xurídicas.
c) Calquera entidade do sector público institucional de calquera administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.
d) Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración de calquera das figuras dos tres puntos anteriores, con ou sen personalidade xurídica.