Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - 2023

Dende 03 de febreiro, 2023 - Ata 29 de setembro, 2023

Categorías: Laboral

Acceda dende aquí

TR349F - Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - 2023

Data de publicación: 03/02/2023

Data inicio de solicitude: 04/02/2023

Data remate de solicitude: 29/09/2023

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar os incentivos á contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais co fin de promover a consolidación do emprego autónomo.

A finalidade do programa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras.

Características da axuda

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais.

Serán subvencionables a primeira, a segunda e a terceira contratación indefinida inicial que realice a persoa autónoma ou a persoa profesional que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que as persoas contratadas sexan desempregadas.

b) Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2022 ata o 29 de setembro de 2023, ambas as dúas datas incluídas.

c) Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.

d) Que estean comunicadas ao Servicio Público de Emprego a través da aplicación Contrat@

A contratación deberá ser indefinida inicial (incluídos fixos descontinuos).

O período de actividade do contrato fixo descontinuo deberá ter unha duración mínima de 6 meses cada ano.

O contrato poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial. Neste último caso, para ser subvencionable deberá ter unha xornada mínima do 50 % respecto da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.

As contratacións indefinidas iniciais terán os seguintes incentivos:

I. Primeira persoa traballadora indefinida desempregada: 8.000 €. A contía será de 10.000 € cando a persoa desempregada se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

a) Persoas desempregadas de longa duración.

b) Maiores de 55 anos.

b) Persoas con discapacidade.

c) Persoas en situación ou risco de exclusión social.

d) Persoas emigrantes retornadas ou persoas estranxeiras.

II. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida: 10.000 €. A contía será de 12.000 euros cando a persoa desempregada se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

a) Persoas desempregadas de longa duración.

b) Maiores de 55 anos.

b) Persoas con discapacidade.

c) Persoas en situación ou risco de exclusión social.

d) Persoas emigrantes retornadas ou persoas estranxeiras.

Os incentivos sinalados incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural).

c) Persoas maiores de 45 anos (non será aplicable no caso de que a axuda se conceda polo colectivo de maiores de 55 sinalado anteriormente).

d) Persoas trans.

e) Se a persoa incorporada é unha muller nunha profesión ou oficio en que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Observatorio do Emprego, tal e como figuran no anexo II da orde.

Deste xeito as contías máximas posibles, de se aplicaren todos os incrementos, serían:

Para a primeira persoa traballadora indefinida: 22.500 euros.

Para a segunda e a terceira persoa traballadora indefinida: 27.000 euros.

Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención ás persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais para que leven a cabo accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma cuxo contrato se subvenciona.

b) A duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.

c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde a data da solicitude e deberá estar finalizada o 29 de outubro de 2023.

Esta formación incentivarase cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora cuxo contrato se subvenciona por medio do bono de contratación e que cumpra os requisitos establecidos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Imprimir
Axuda