Novacións para o refinanciamento de débedas - 2023

Dende 02 de xaneiro, 2023 - Ata 30 de decembro, 2023

Categorías: Investimentos Mercado

Acceda dende aquí

IG534D - Novacións para o refinanciamento de débedas- 2023

Data de publicación: 02/01/2023

Data inicio de solicitude: 03/01/2023

Data remate de solicitude: 30/12/2023 ou ata esgotar o crédito orzamentario, de ser o caso

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar a posibilidade de novación do refinanciamento das distintas liñas de financiamento operativo para facer fronte tanto á crise sanitaria da COVID-19 como ao incremento de prezos das materias primas e subministracións e ás consecuencias da guerra de Ucraína.

A persistencia da necesidade de dar solución ás dificultades de reintegro que presentan determinadas operacións de préstamo, así como de facilitar a recuperación polo erario autonómico dos importes debidos, fai aconsellable e oportuno manter a dispoñibilidade desta liña de refinanciamento e convocala de novo en 2023.

Características da axuda

En función da situación da débeda que se vai novar, as operacións revestirán as seguintes modalidades:

1. Novación modificativa e, se é o caso, extintiva, de préstamos en vigor, para axustar o calendario de reintegro á capacidade de reembolso do titular. En todo o non modificado na novación, mantense vixente o establecido no contrato inicial de préstamo.

2. Novación extintiva de préstamos vencidos. Poderanse formalizar tanto cos titulares iniciais como cos garantes ou fiadores, ou cos titulares de bens que garantan a débeda. En todos os casos, suporá a formalización dunha nova operación.

Poderase novar o importe total das cantidades debidas e incluír os xuros e demais conceptos devindicados ata a data da formalización, momento no cal quedará fixado o importe da operación e o cadro de amortización definitivo.

Persoas beneficiarias

Poderán ser titulares das operacións de novación as persoas físicas e/ou xurídicas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Sexan titulares de débedas vivas co Igape por préstamos en vigor, que presenten dificultades de liquidez que non lles permiten afrontar as obrigas de pagamento co calendario actual do préstamo.

b) Sexan titulares de débedas co Igape derivadas da falta de pagamento de préstamos xa vencidos.

c) Sexan fiadores de préstamos do Igape con débedas vencidas.

d) Sexan titulares de bens que garantan débedas vencidas co Igape, derivadas da falta de pagamento de préstamos, e pretendan facer fronte ao reembolso das débedas para evitar a perda do ben. 


Publicación DOG

Ficha sede electrónica

Imprimir
Axuda