Polo Verín

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín actúa sobre as bisbarras de Verín, Viana, A Limia, A Baixa Limia, Terra de Caldelas e Terra de Trives. En total, 36 concellos.

Onde se atopa?

O Polo atópase no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, no Polígono Industrial de Pazos, en Verín. Estrada do Polígono Industrial, nº 99. Estamos abertos de luns a venres de 9:00 a 18:00 horas.

O noso espazo conta con despachos, cunha zona de coworking con wifi, ordenadores e teléfonos a túa disposición. Tamén temos una zona de innovación con impresoras 3D onde poderás vir cando queiras para traballar connosco e con outras persoas emprendedoras. 
 
Contamos cunha sala para a organización de actividades formativas e sesións de networking para a xente que quera ampliar coñecementos ou xuntarse con outras persoas na súa mesma situación ou intereses.

Área xeográfica de actuación

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín actúa sobre as bisbarras de Verín, Viana, A Limia, A Baixa Limia, Terra de Caldelas e Terra de Trives. En total, 36 concellos que conforman un territorio moi diverso, dende os grandes macizos montañosos de Galicia ata os grandes vales do sur, acollendo zonas da Ribeira Sacra, do Parque Natural do Invernadeiro e do Parque Natural da Baixa Limia – Serra do Xurés e Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerés.

Cunha enorme riqueza de recursos naturais e patrimoniais, hoxe en día predominan actividades do sector primario (agricultura, gandeiría e xestión forestal) e do sector servizos. Cada vez máis, sectores como o turismo e o termalismo van collendo máis forza no territorio; ámbitos nos que se identifican necesidades e oportunidades para emprender.

Do mesmo xeito, estanse a desenvolver novos sectores innovadores que poderán dinamizar a contorna e crear sinerxias co tecido empresarial existente.

O noso persoal técnico

Ánxela

Ánxela

Experto en Asesoramento en emprendemento, Formas xurídicas e Plan de negocio e viabilidade

Polo Verín

Verín - Ourense Equipo técnico
Carmen

Carmen

Experto en Asesoramento en emprendemento

Polo Verín

Verín - Ourense Equipo técnico
María

María

Experto en Asesoramento en emprendemento

Polo Verín

Verín - Ourense Equipo técnico
Susana

Susana

Experto en Asesoramento en emprendemento, Formas xurídicas, Plan de negocio e viabilidade e Trámites e licenzas

Polo Verín

Verín - Ourense Equipo técnico

Polo Verín

Contacto