23/10/2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Pontevedra na inauguración do evento, onde destacou que os Polos pontevedreses teñen propiciado a creación dun cento de empresas
23/10/2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participan hoxe no acto de peche desta iniciativa enmarcada na colaboración co Clúster do Ecommerce Galego
23/10/2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na presentación do III Salón de animais de compañía de Galicia, apoiado pola Xunta e que terá lugar esta fin de semana no recinto feiral de Pontevedra.
10/10/2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presentou o proxecto ‘O camiño do emprendemento musical’ na xornada de clausura do 14º Salón da Educación e Formación de Galicia, que arrancou o mércores en Pontevedra. No posto fixo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no que se informou sobre inserción laboral ou emprendemento organizáronse ademais diferentes obradoiros de cerámica e estampaxe para alentar novas vocacións artesás. Ademais, Pablo Fernández participou na entrega de premios da 4ª edición dos ecommerce days, que se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra e que son o broche final destas xornadas centradas no comercio electrónico e no márketing dixital
08/10/2025
Esta medida estará dotada con 1 M€ coa previsión de chegar a uns 50 aprendices e complementará ao programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas. José González puxo en valor o oficio da carpintería de ribeira, que require dun proceso artesanal minucioso e dun coñecemento rigoroso da materia e no que Galicia é referente grazas ao saber facer dos seus profesionais e ao papel de Agalcari. Subliñou a importancia de visibilizar esta actividade con accións como os encontros de embarcacións tradicionais, que enxalzan o patrimonio cultural da gran variedade de embarcacións tradicionais de Galicia e que contan co apoio do Goberno galego. Reafirmou o compromiso do Executivo autonómico cos oficios artesáns e coa artesanía como motor económico no rural, a través da Fundación Artesanía de Galicia e reflectido no Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030
20/08/2026
18/08/2026
16/08/2026