26 de setembro, 2025
Vigo, 26 de setembro de 2025
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, interveu hoxe en Vigo na inauguración da segunda edición do foro empresarial Vertical Summit 2025, unha xornada apoiada pola Xunta na que se dan cita máis dun cento de empresas para compartir experiencias empresariais, casos de éxito e novos modelos de negocio.
Mariño salientou a importancia deste espazo para reflexionar, dialogar e compartir aprendizaxes clave no proceso de emprender un negocio. Ademais, fixo fincapé no esforzo prioritario do Goberno galego a prol do emprendemento, ao que neste exercicio se destinan máis de 32 millóns de euros. Remarcou tamén o labor da Rede de Polos, que conta con 15 oficinas distribuídas por toda a comunidade e ofrece, de forma gratuíta, asesoramento individualizado, atendendo na actualidade máis de 4.700 proxectos. Así mesmo, lembrou os programas de apoio ás persoas emprendedoras como Fixar, Alento e Xerme, que este ano desenvolven a súa segunda edición.
23/10/2025
23/10/2025
23/10/2025