24 de maio, 2024
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou hoxe o foro A senda do emprendemento: pivotar para mellorar organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da Coruña co apoio da Xunta. Enmarcada na axenda da Rede de polos que ten 13 centros activos na Comunidade, a acción serviu para que diferentes perfís profesionais compartiran as súas experiencias explorando novas posibilidades nos seus negocios.
Así, este evento que se celebrou na Coruña tiña como obxectivo explorar o concepto de pivotar no mundo empresarial ou, o que é o mesmo, realizar un cambio estratéxico no modelo de negocio, no produto ou no enfoque do proxecto. Nese senso, búscase aprender das experiencias de diversos profesionais que enfrontaron este desafío nos seus negocios.
Deste xeito, durante o foro diferentes perfís profesionais compartiron as súas experiencias pivotando nos seus negocios, destacando os desafíos, aprendizaxes e resultados obtidos. A través dos seus testemuños, perséguese que as persoas participantes poidan deseñar as súas propias estratexias para o éxito empresarial.
Ademais de incluírse na axenda de actividades da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, cómpre sinalar que a actividade de hoxe forma parte do convenio de colaboración asinado pola Xunta e AJE Galicia. Este convenio inclúe formación específica para o fomento do emprendemento e a dinamización do rural, actividades de networking e a organización de congresos.
A maiores, supón a posta en marcha de medidas de asesoramento e de titorización para a creación de empresas, tamén ao abeiro da Rede de polos que conta con 13 centros activos no conxunto do territorio, tres deles na provincia da Coruña (Ferrol, Coristanco e Melide).
23/09/2024
10/09/2024
30/08/2024