Seguimos abiertos

A BOLSA DE REMUDA DE NEGOCIOS

É UN SERVIZO DIRIXIDO A FACILITAR A TRANSMISIÓN DE EMPRESAS

O tecido empresarial galego mostra un alto grao de envellecemento, o que se traduce en numerosos negocios que pecharán en breve as súas portas por falta de persoas empendedoras que lles dean continuidade. A este envellecemento súmase outras razóns de diversa índole e que, igualmente, contribúen a acelerar o proceso de desertización empresarial, especialmente no rural.

CÓMO FUNCIONA

É un programa centrado en poñer en contacto a quenes venden ou alugan a súa empresa, con persoas interesadas en facerse cargo dela.
 

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego ofrece un acompañamento para asesorar, axilizar e facilitar os procesos de remuda ou transmisión de negocios en funcionamento establecidos no territorio galego.
 

Trátase dun escaparate de negocios en remuda dispoñibles para aquelas persoas que buscan comezar un proxecto empresarial consolidado e viable, reducindo os riscos da posta en marcha dun novo negocio.

QUERO TRASPASAR
O MEU NEGOCIO

Tes interese en traspasar o teu negocio?
Cubre o formulario e poñerémonos en contacto contigo para publicar o anuncio nesta web.

QUERO ACCEDER A UN
NEGOCIO EN TRANSMISIÓN

Tes interese en adquirir un negocio?
Consulta os anuncios dispoñibles neste momento.