É un xogo para traballar o desenvolvemento do espírito emprendedor de forma sinxela e amena:

A fase 1 céntrase en elixir a IDEA entre as 18 cartas obxectivo con 3 sectores produtivos e 3 niveis de dificultade.

A fase 2 articúlase arredor da NEGOCIACIÓN para conseguir os recursos necesarios para pór en marcha o proxecto.

E a fase 3 de DECISIÓN de intanxibles e valores céntrase en definir aqueles que desexen incorporar ao proxecto.