Dende 28 de novembro, 2025 - Ata 28 de novembro, 2025
Xúntate é unha ferramenta dixital de matching, dispoñible de xeito asíncrono, que permite poñerse en contacto con outras persoas emprendedoras, representantes da industria ou mesmo persoas investidoras interesadas en colaborar.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Online
Na Rede de Polos sabemos que emprender non é un camiño que se percorre en solitario. Por iso, puxemos en marcha Xúntate, unha plataforma pensada para crear pontes entre persoas que forman parte do ecosistema emprendedor galego.
Xúntate é unha ferramenta dixital de matching, dispoñible de xeito asíncrono, que permite poñerse en contacto con outras persoas emprendedoras, representantes da industria ou mesmo persoas investidoras interesadas en colaborar. O seu obxectivo é claro: axudarche a atopar sinerxías, xerar alianzas e darlle un impulso real ao teu proxecto.
O proceso é sinxelo e está aberto a todas as persoas beneficiarias da Rede de Polos:
Rexístrate en www.xuntate.gal
Revisa o teu correo para verificar a conta (lembra mirar o cartafol de spam)
A plataforma revisa e valida o teu perfil
Unha vez validado, recibirás unha notificación e poderás comezar a explorar coincidencias co resto de usuarios
💡 Importante: ata o 28 de novembro, os perfís estarán en fase de rexistro, polo que será a partir desa data cando se active a funcionalidade completa de busca e conexión.
Está dirixida a persoas como ti, que formas parte da comunidade da Rede de Polos. Xa sexas emprendedora, inversor ou representes a unha entidade do sector industrial ou servizos, Xúntate pode axudarche a dar co contacto que precisas para avanzar.
Nun ecosistema cada vez máis interconectado, participar en Xúntate é unha oportunidade para compartir ideas, atopar apoios ou mesmo abrir novas liñas de negocio.

![]()
ColaboradoresDPI Estrategia