Da Colmea ó Mercado-Estratexias para vender mel e produtos apícolas

Dende 24 de setembro, 2025 - Ata 24 de setembro, 2025

Explicación das principais estratexias de comercialización e marketing existentes no ámbito apícola tanto a nivel xeral, como as adaptadas ao caso particular da Montaña Lucense.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 24 de setembro | 10:30 - 13:00 h

📍 Sede do Polo de A Fonsagrada. Rúa Marqués de Rodil 1, A Fonsagrada

 

 

A rexión da Montaña de Lugo goza dunha extensa tradición apícola moi vinculada co patrimonio cultural e natural, pero este sector sofre da falta de cooperación entre profesionais e da ausencia dunha estratexia de comercialización eficaz para atraer novos consumidores. 

 

O Polo de A Fonsagrada da visibilidade a este sector a través das súas actividades, nas que se crea o espazo para poñer en común inquedanzas e desenvolver iniciativas conxuntas que fortalezan a apicultura lucense. Nesta sesión seguirase consolidando o traballo de estratexia de comercialización para conseguir o crecemento da apicultura tanto a nivel individual como colaborativo.

 

Na actividade facilitaranse ferramentas clave de marketing adaptadas á apicultura, para analizar tendencias e casos de éxito e aplicalas ás particularidades do sector apícola da comarca. Deste xeito, poderanse tantear posibles liñas de cooperación que melloren a visibilidade e competitividade do sector que revertan no territorio.

 

 

Programa: 

 

10:30 h - Recepción das persoas asistentes

  • Benvida e presentación da xornada.

10:45 h - Recapitulación de antecedentes. 

  • Breve recapitulación sobre as anteriores actividades no marco da presente iniciativa.
  • Resumo das principais aprendizaxes e conclusións.
  • Introdución sobre estratexias de comercialización e marketing apícola.

11:15 h - Estratexias para vender mel e produtos apícolas

  • Situación actual do mercado nacional e principais tendencias de futuro.
  • Casos de éxito e boas prácticas.
  • Adaptación e aplicación ao sector apícola da Montaña Lucense.

12:15 h - Peche e compromisos

  • Debate.
  • Rolda de preguntas e dúbidas.
  • Definición e compromisos sobre os próximos pasos.
  • Peche da xornada

12:45 h - Petisco / Networking

 

 

Contribúe ao posicionamento da apicultura da Montaña de Lugo e inscríbete!


Presencial

Voltar