Dende 01 de outubro, 2026 - Ata 01 de outubro, 2026
Coñecer as principais pragas que afectan ás colmeas é fundamental para poder previlas e actuar a tempo. Nesta xornada técnica do Polo da Fonsagrada afondaremos na identificación, prevención e control da varroa, a vespa velutina e outras ameazas para a saúde e produtividade das explotacións apícolas.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 1 de outubro I 16:30 h - 19:00 h
📍 Edificio do Concello de Baleira (aula da biblioteca). Avda. Dr Escobar, s/n, Baleira, Lugo
Se es apicultor/a ou estás pensando en poñer en marcha un proxecto relacionado coa produción e comercialización de mel e produtos apícolas, esta xornada pode interesarche.
O Polo da Fonsagrada organiza unha sesión técnica na que aprenderás a identificar as principais pragas e ameazas que afectan ás colmeas, con especial atención á vespa velutina e á varroa, así como as medidas máis axeitadas para a súa prevención e control.
Unha actividade pensada para achegar información práctica, resolver dúbidas e compartir experiencias, de maneira que poidas detectar os primeiros sinais de alerta e actuar a tempo para protexer as túas colonias.
Se queres mellorar o manexo das túas colmeas e coñecer ferramentas para previr e afrontar as principais pragas apícolas, inscríbete!
Programa:
16:30 - 16:45h Recepción das persoas asistentes
16:45 – 17:20h Principais pragas e ameazas das colmeas:
17:20 - 18:00 Prevención e control da varroa:
18:00 - 18:15h Petisco / Pausa café
18:15 – 18:40h Vespa velutina e outros depredadores:
18:40 – 19:00h Preguntas, dúbidas e peche
![]()