Xornada técnica con apicultores: Boas prácticas : Hixiene , patoloxias, pragas e xenética apícola

Dende 05 de maio, 2026 - Ata 05 de maio, 2026

O Polo de A Fonsagrada organiza esta xornada técnica para mellorar as explotacións apícolas, centrada na hixiene, as enfermidades das colmeas e a mellora xenética, cun enfoque práctico e aplicado ao traballo diario.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 5 de maio I 16:30 h - 19:00 h 

📍 Edificio do Concello de Baleira, aula da biblioteca. Avda. Dr Escobar, s/n, Baleira, Lugo 

 

O Polo de A Fonsagrada organiza esta xornada técnica, unha nova oportunidade para seguir avanzando na mellora e consolidación das explotacións apícolas, dando continuidade ao traballo iniciado en actividades anteriores. Nesta ocasión, o foco estará na hixiene nas explotacións, nas patoloxías apícolas e na mellora xenética das colmeas.

 

Ao longo da sesión abordaranse, de forma clara, práctica e aplicada, os principais aspectos da manipulación do mel, as enfermidades máis relevantes da apicultura —tanto clásicas como emerxentes— e a súa prevención e control. Tamén se afondará na mellora xenética apícola, un ámbito clave e aínda pouco desenvolvido na apicultura galega.

 

Será unha xornada moi práctica, con explicacións técnicas, intercambio de experiencias, resolución de dúbidas e análise de casos reais, pensada para que poidas levar coñecementos útiles e aplicables directamente no teu traballo.

 

Non perdas esta oportunidade: inscríbete, participa e dá un paso adiante na mellora da túa explotación apícola. Aprende, comparte e medra con outros profesionais do sector.

 

Programa

16:30 - 16:45h Recepción das persoas asistentes

  • Benvida e presentación da xornada.

16:45 – 17:20h Guía de boas practicas:

  • Recollida do mel.
  • Extracción.
  • Almacenamento.
  • Envasado.

17:20 - 18:00 Patoloxía apícola:

  • Enfermidades bacterianas.
  • Enfermidades víricas.
  • Enfermidades parasitarias.
  • Outras.

18:00 - 18:15h Petisco / Pausa café

18:15 – 18:40h Prevención e loita contra as enfermidades apícolas e mellora xenética.

  • Selección de abellas resistentes a varroa.

18:40 – 19:00h Preguntas, dúbidas e peche

  • Rolda de preguntas e dúbidas.
  • Peche da xornada

Presencial

Voltar