Xornada informativa sobre o programa Vilas Vivas

Dende 10 de marzo, 2026 - Ata 10 de marzo, 2026

Queres abrir teu propio local en Ribadavia? Co programa Vilas Vivas - programa de dinamización comercial podes facelo realidade. Descubre como participar e dá o impulso definitivo ao teu proxecto

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 10 de marzo I 11:30 h - 13:30 h 

📍 Casa da cultura de Ribadavia. R/ Celso Emilio Ferreiro, n4, Ribadavia, Ourense 

 

O programa Vilas Vivas - programa de dinamización comercial continúa abrindo portas a novas oportunidades para o emprendemento comercial e artesanal. Tras o éxito acadado no primeiro concurso de locais, no que dous emprendedores do Polo xa están instalados en Ribadavia, queremos seguir dando a coñecer esta iniciativa para que máis persoas poidan facer realidade o soño de contar cun espazo comercial propio.

 

Se tes un proxecto emprendedor, es artesán ou produtor e buscas un lugar onde desenvolver unha proposta diferencial, esta actividade organizada polo Polo polo de O Carballiño en colaboración con Rural Consulting é para ti. O programa Vilas Vivas aposta por revitalizar o comercio local, impulsar o talento e ofrecer oportunidades para instalar proxectos con identidade propia en contornas con encanto e potencial económico.

 

Durante a xornada realizarase unha presentación das características do programa Vilas Vivas, explicando de maneira clara e práctica en que consiste, que vantaxes ofrece e cales son os pasos necesarios para formar parte del. Será unha oportunidade para resolver dúbidas, coñecer os requisitos de participación e descubrir como transformar unha idea nun proxecto comercial real nunha vila con futuro.

 

O programa busca especialmente apoiar a artesáns e produtores que queiran desenvolver un emprendemento con valor diferencial, promovendo negocios que acheguen cultura, tradición, creatividade e calidade ao tecido comercial do territorio.

 

Se estás pensando en dar un paso máis co teu proxecto, esta pode ser a oportunidade que estabas agardando. Non deixes pasar a ocasión de coñecer como formar parte de Vilas Vivas, descubrir novas posibilidades para o teu negocio e explorar un modelo de emprendemento que conecta talento, territorio e oportunidade.

 

Anímate a participar e dá o seguinte paso cara ao teu futuro profesional.

 

Programa 

 

11:30 h - Benvida, presentación e recepción de invitados
Presentación do proxecto Vilas Vivas e das súas características

 

11:40 h - Explicación dos pasos a seguir polos interesados na solicitude dos baixos comerciais

 

12:40 h - Preguntas e dúbidas

 

13:00 h - Networking con petiscos

 

13:30 h - Peche da xornada


Presencial

Voltar