Dende 03 de marzo, 2026 - Ata 03 de marzo, 2026
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 3 de marzo I 11:30 h - 13:30 h
📍 Delegación Territorial da Xunta en Ourense. Avda. de la Habana, 79, Ourense
O territorio da Comarca de O Carballiño ten talento, ideas e ganas de avanzar. Por iso, o Polo de emprendemento de O Carballiño continúa coa posta marcha dun espazo de encontro pensado para fortalecer o tecido económico local e seguir apostando pola innovación, o emprendemento e a xeración de emprego.
Este comezo de ano é o momento perfecto para renovar enerxías, coñecer as novas incorporacións ás diferentes entidades e compartir visións sobre os retos e as metas para os próximos meses. Durante a xornada presentaranse as liñas de traballo que guiarán a actividade de cada organización, promovendo un modelo colaborativo e aberto.
Queremos achegarnos á realidade de cada zona, facendo que o diálogo sexa máis próximo e directo. Por iso, impulsaranse sesións de traballo móbiles, deseñadas para descubrir de primeira man as necesidades e fortalezas do territorio. Estas xuntanzas estarán coordinadas por un equipo en rotación, co fin de garantir que todas as voces teñan espazo e protagonismo.
Programa
11:30h - Recepción de asistentes e benvida.
11:35h - Presentación da xornada e obxectivos da mesma
11:50h - Mesa de traballo, principais retos
13:00h - Café networking
13:30h - Clausura da xornada
![]()