Xornada Demo Day programa "IMPULSA A TÚA START UP CO TALENTO NOVO UNIVERSITARIO"

Dende 23 de xuño, 2025 - Ata 23 de xuño, 2025

O próximo luns 23 de xuño ás 12:00 h, a Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela acollerá o evento Demo Day organizado por U4IMPACT en colaboración coa Xunta de Galicia. Este acto celebra a conexión entre o talento universitario e o ecosistema emprendedor galego, destacando os resultados do programa piloto desenvolto durante o curso 2024/2025.

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 23 de xuño | 12:00 - 14:00 h

📍 Cidade da Cultura de Galicia (Edificio Fontán), Monte Gaiás s/n. Santiago de Compostela
 

A mocidade precisa de oportunidades para amosar o que poden aportar ao mercado laboral, e as persoas emprendedoras precisan talento novo que incorporar aos seus proxectos. U4IMPACT e a Xunta de Galicia tenden unha ponte entre ambas, e nesta xornada poderás coñecer os resultados desta colaboración. 

 

Nesta actividade presentaranse os resultados do programa piloto 2024/2025, no que estudantes universitarios traballaron de foma colaborativa con emprendedores galegos da Rede de polos de emprendemento e apoio ao Emprego, no desenvolvemento de retos reais vinculados á innovación, sustentabilidade, dixitalización e impacto social.

 

Estes proxectos, desenvoltos no marco de traballos de fin de grao e mestrado, reflicten o compromiso coa empregabilidade xuvenil e o desenvolvemento territorial sostible.

 

O evento contará coa participación de representantes institucionais, subliñando o respaldo ao fortalecemento da colaboración entre o ámbito académico e o tecido empresarial galego. 

 

Durante a xornada, compartiranse aprendizaxes e testemuños de quen participou nesta experiencia, coa presenza de representantes institucionais da Xunta de Galicia.

 

Ao finalizar, dispoñeremos dun espazo distendido cun pequeno cátering, onde poderemos seguir conversando de forma informal e coñecer de preto a algunhas das persoas que formaron parte do programa.

 

Programa: 
12:00 h
- Apertura institucional a cargo de representantes da Xunta de Galicia
12:10 h - Presentación U4IMPACT: propósito, metodoloxía e impacto do programa
12:20 h - Presentación do programa Xunta - U4IMPACT "Impulsa a túa Start Up co talento novo": obxectivos e resultados
12:30 h - Intervencións das persoas emprendedoras e o estudantado participante: casos destacados de colaboración real, testemuñas e aprendizaxes clave
13:10 h - Peche institucional
13:20 h - Catering - Espazo de networking informal

 

Se non coñeces o programa Xunta - U4IMPACT, ven e descubre todo o talento que a mocidade pode aportar ao ecosistema emprendedor!


Presencial

Voltar