Dende 08 de xullo, 2026 - Ata 08 de xullo, 2026
Un encontro no que compartiremos os principais resultados do programa desenvolvido en colaboración coa Xunta de Galicia, persoas emprendedoras da Rede de polos de emprendemento, Universidades galegas e estudantado universitario. Durante o evento presentaremos a metodoloxía e fitos do programa, escoitaremos as opinións e resultados de algúns dos proxectos empresariais desenvolvidos polo estudantado, escoitaremos a experiencia de estudantes coas persoas emprendedoras, e moito máis.
Categorías: Foro/Encontro aberto

🗓️ Mércores, 8 de xullo I 10:00 h - 12:30 h
O 8 de xullo de 2025, o COE A Coruña será o punto de encontro do Demo Day do Programa Innovación e Talento Novo, unha xornada única que conecta o talento universitario co ecosistema emprendedor galego.
Impulsado por U4IMPACT, a Xunta de Galicia, a Rede de polos de emprendemento e as Universidades Galegas, este encontro pon en valor o potencial da cooperación entre o ecosistema emprendedor e o ámbito universitario, demostrando como a diversidade de perspectivas, o intercambio de coñecemento e o traballo conxunto contribúen a xerar solucións innovadoras e impacto real.
O evento reunirá persoas emprendedoras, estudantado universitario, universidades e institucións nun espazo común de aprendizaxe, colaboración e innovación. Unha oportunidade para coñecer proxectos reais, compartir experiencias e descubrir novas formas de xerar impacto a través do traballo conxunto.
Ao longo da mañá, os equipos presentarán os retos traballados e as solucións desenvolvidas, mentres persoas emprendedoras da Rede de polos de emprendemento compartirán a súa visión sobre o valor do talento novo e a colaboración co ámbito universitario. O evento culminará cun espazo de networking pensado para xerar conexións reais e oportunidades futuras.
Por que asistir?
Participar neste Demo Day significa formar parte dun espazo onde a innovación cobra vida. É unha ocasión para:
Inscríbete e forma parte do cambio
Se es estudante, persoa emprendedora, representante dunha empresa ou simplemente che interesa a innovación e o emprendemento, este evento é para ti. Non perdas a oportunidade de participar neste encontro único entre talento e emprendemento en Galicia.
As prazas son limitadas, así que recomendámosche realizar a túa inscrición canto antes para asegurar a túa asistencia. Inscríbete a través da seguinte ligazón: Inscrición Demo Day: Programa Innovación e Talento Novo
Programa:
10:00 h - Benvida institucional
Apertura do evento, contexto institucional e obxectivos do programa. — Xunta de Galicia
10:10 h - Presentación U4IMPACT
Breve introdución a U4IMPACT, metodoloxía e conexión entre talento universitario, empresas e proxectos con impacto. Informe de resultados do Programa.
10:25 h - Voces do estudiantado universitario e Universidades
Os estudantes presentan brevemente o seu traballo: reto traballado, solución, aprendizaxes e resultados. As Universidades presentes ofrecen a súa visión do programa
11:00 h - Mesa redonda — Emprendedores
Mesa redonda con emprendedores da Rede de polos: experiencia, valor achegado polos estudantes e aprendizaxes do programa.
11:35 h - Certificados e foto de grupo
11:45 h - Peche institucional
Intervención — Xunta de Galicia
11:50 h - Networking e petiscos
![]()