Dende 10 de xuño, 2026 - Ata 10 de xuño, 2026
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda reúne ás Unións Agrarias de Lalín, Silleda, Dozón e Rodeiro nun encontro para fortalecer a colaboración, compartir necesidades e impulsar iniciativas conxuntas en favor do sector primario e do medio rural.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Online

🗓️ Mércores, 10 de xuño I 12:00 h - 13:00 h
🖥️ En liña. Enviarase ligazón 24 horas antes da sesión
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda impulsa un encontro de traballo coas Unións Agrarias de Lalín, Silleda, Dozón e Rodeiro, co obxectivo de reforzar a cooperación e establecer liñas de colaboración coas entidades de referencia do sector primario no territorio.
As organizacións agrarias desempeñan un papel clave no acompañamento a persoas autónomas, explotacións agrogandeiras e iniciativas vinculadas ao medio rural. Por iso, esta xornada busca fortalecer a conexión entre o Polo e estas entidades, favorecendo o intercambio directo e a detección de necesidades reais do sector.
Trátase dun encontro participativo e dinámico, no que se combinarán presentacións, intercambio de experiencias e espazos de diálogo para identificar sinerxías e posibles accións conxuntas.
Un espazo de diálogo e cooperación para seguir fortalecendo o emprendemento e o sector primario no territorio.
Programa
12:00 h - Recepción de asistentes e benvida
Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda e dos seus servizos
12:10 h - Presentación das Unións Agrarias: funcionamento, servizos e retos actuais (5 minutos cada sede)
12:30 h - Mesa de traballo: necesidades do territorio e oportunidades de colaboración
Propostas de accións conxuntas e definición de próximos pasos
13:00 h - Peche de xornada
![]()