Xestiona a túa empresa de forma eficiente coa IA - Edición Melide -

Dende 15 de outubro, 2025 - Ata 15 de outubro, 2025

Formación semipresencial para mellorar a xestión empresarial, a competitividade e a innovación das empresas da comarca.

Categorías: Formación

Modalidades: Online, Presencial

 

 

🗓️ 15 de outubro, 3 meses de duración

📍 Sede do Polo de Melide

💻 Semipresencial

 

Un proxecto de emprendemento debe estar en constante proceso de mellora e modernización, pero sen perder de vista o crecemento sostible, e ese é o obxectivo desta formación impartida desde os Polos de Verín e Melide en colaboración co IGAPE e EOI. 

 

Ao longo destes tres meses de formación adquirirás técnicas de optimización da xestión e control do teu negocio, e descubrirás ferramentas innovadoras que permitan analizar novos mercados e modelos de negocio viables e adaptados ás necesidades da túa empresa. 

 


Que vas conseguir?

  • Optimizar a xestión e o control do teu negocio.
  • Introducir técnicas innovadoras para mellorar procesos clave.
  • Definir estratexias baseadas na innovación e na sustentabilidade.
  • Explorar novos produtos e mercados con ferramentas accesibles para PEMES.
  • Analizar e deseñar modelos de negocio viables a nivel comercial, económico‑financeiro, xurídico‑fiscal e ambiental.

 

Metodoloxía

  • Sesións presenciais no Polo de Melide.
  • Mentorización individualizada aliñada coas necesidades de cada proxecto.
  • Resolución de casos prácticos e elaboración dun proxecto final.

 

Duración e certificación

Itinerario de 3 meses: 45 h lectivas presenciais + 18 h de titorías online + 30 h de traballo do alumnado (93 h no diploma). Emítese diploma acreditativo ao superar os requisitos de asistencia e o proxecto final.

 

Temario (resumo)

  • Metodoloxía de proxectos empresariais.
  • Xestión estratéxica e innovación.
  • Gestión comercial e marketing.
  • Transformación dixital e economía circular.
  • Talento humano e finanzas básicas.
  • Organización xurídica e fiscalidade.
  • Comunicación, técnicas de venda e presentación eficaz da empresa.

 

Como participar?

Inscrición gratuíta para persoas autónomas e pemes da Rede de Polos da Xunta de Galicia. Prazas limitadas. Aberto o prazo de inscripción ata o 15 de outubro.

 

¡Inscríbete e impulsa o teu proxecto grazas a este itinerario práctico!

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresEOI; IGAPE

Voltar