Xestiona a túa empresa de forma eficiente coa IA. PRAZAS ESGOTADAS

Dende 24 de febreiro, 2026 - Ata 24 de febreiro, 2026

Programa de formación online para mellorar a xestión empresarial, a competitividade e a innovación das empresas da comarca. NOVA DATA DE COMEZO

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Martes, 24 de febreiro I 16:30 - 20:30 h 

🖥️ En liña 

 

A Rede de polos acollerá a partir da última semana de febreiro de 2026 o programa “Xestiona a túa empresa de forma eficiente coa IA”, unha acción formativa orientada a mellorar a competitividade das empresas mediante o uso práctico da intelixencia artificial.

 

 

O programa dará comezo o martes 24 de febreiro de 2026, cunha primeira sesión online que se celebrará en horario de 16:30 a 20:30 horas. A formación desenvolverase mantendo os mesmos días da semana e o mesmo horario ao longo de todo o programa, facilitando así a conciliación coa actividade laboral das persoas participantes. A duración do programa é de tres meses.

 

 

Esta iniciativa está dirixida exclusivamente a persoas en activo, tanto traballadoras por conta propia como por conta allea, que queiran incorporar ferramentas de intelixencia artificial á xestión diaria das súas empresas ou postos de traballo. O enfoque é eminentemente práctico e orientado á aplicación directa da IA en ámbitos como a organización do tempo, a toma de decisións, a mellora de procesos ou a optimización de recursos.

 

 

A formación está promovida pola EOI (Escuela de Organización Industrial), entidade dependente do Ministerio de Industria e Turismo. O programa é totalmente gratuito.

 

 

O inicio do programa está condicionado a que se acade un número mínimo de persoas inscritas, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes.

 

 

Con esta acción formativa, a Rede de polos reforza o seu compromiso co impulso da innovación e da dixitalización no tecido empresarial local, ofrecendo formación especializada adaptada ás necesidades reais das persoas que xa están a desenvolver a súa actividade profesional.

 

 

Se estás en activo e queres mellorar os teus coñecementos e habilidades cara a mellor xestión da actividade da empresa, non deixes pasar esta oportunidade e apúntate!


Online

Información adicional

ColaboradoresEOI e IGAPE

Voltar