Dende 11 de maio, 2026 - Ata 11 de maio, 2026
Se o teu día a día como persoa emprendedora é un constante ir e vir de tarefas, este taller é para ti. Aprende a organizar mellor o teu tempo, gañar foco e impulsar o teu proxecto desde o primeiro día
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Luns, 11 de maio I 11:00 h - 12:30 h
🖥️ En liña. Os inscritos recibirán a ligazón un día antes
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda organiza un taller práctico e dinámico de xestión do tempo pensado para persoas emprendedoras coma ti: con ideas, con ilusión… e con mil tarefas ao mesmo tempo.
Se algunha vez sentiches que o día non che chega, que vas apagando lumes sen avanzar realmente no teu proxecto ou que a organización é un reto constante, este taller é xusto o que precisas. É o momento de coller o control do teu tempo e poñelo a traballar ao teu favor.
Desde o Polo de Silleda sabemos que emprender non é doado, especialmente ao comezo, cando os recursos son limitados e a carga de traballo é máxima. Por iso creamos unha experiencia útil, directa e 100% aplicable ao teu día a día.
Que vas conseguir?
E o mellor de todo: sairás cun plan de acción personalizado, listo para aplicar desde o primeiro día e empezar a notar cambios reais.
Menos estrés. Máis foco. Mellores resultados.
Non deixes pasar esta oportunidade de mellorar a túa produtividade e facer medrar o teu proxecto con máis seguridade e claridade.
Anímate, inscríbete e dá o impulso que o teu emprendemento necesita!
Programa
11:00 h - Recepción de asistentes e benvida
Presentación da formación e da poñente (Almudena Molina)
11:10 h - Formación “Xestión do tempo para emprendedores”
-Priorización de tarefas
-Identificación de ladróns de tempo
-Sistema de organización para maximizar recursos
-Plan de acción a seguir
12:20 h - Q&A Preguntas e respostas
12:30 h - Peche da xornada
![]()