Dende 08 de maio, 2026 - Ata 08 de maio, 2026
Dinámica participativa de intercambio de ideas, identificación de intereses comúns e creación de conexións profesionais coa finalidade de que poidan derivar en proxectos concretos
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 8 de maio I 11:00 h - 13:00 h
📍 Aurea Palacio de Sober, Camiño do Pazo, s/n, Sober, Lugo
Anímate a formar parte do espazo onde nacen as colaboracións que marcan a diferenza!
Este encontro, organizado polo Polo de Monforte no marco de O Encontro de Sober, está especialmente pensado para ti: persoas emprendedoras, empresas, axentes do ecosistema e entidades que queredes explorar novas oportunidades no ámbito rural-industrial. Se buscas conexións reais, enlazar ideas e abrir portas a novos proxectos, aquí atoparás o teu lugar.
Apúntate e conecta con perfís diversos pero cun obxectivo común: colaborar, innovar e impulsar o desenvolvemento do rural. Porque as mellores oportunidades xorden cando as persoas adecuadas se atopan.
Non quedes fóra: este espazo é para ti.
Programa
11:00 h - Recepción e asistentes e benvida
11:10 h - Presentación do Polo de emprendemento de Monforte
Servizos, liñas de apoio e papel do Polo como facilitador de conexións entre emprendedores e empresas.
11:25 h - Rolda de presentacións
Intervencións breves das persoas emprendedoras e das grandes empresas participantes (pitch de 1-2 minutos): quen son, que fan e que tipo de colaboración buscan.
12:00h - Dinámica de conexións dirixidas
Espazo dinámico no que as persoas participantes se moven libremente para establecer conversacións directas segundo intereses comúns identificados nas presentacións.
13:00 h - Peche e conclusións
Síntese das oportunidades detectadas e invitación a continuar as conexións xeradas a través do Polo.
![]()
ColaboradoresO Encontro-CESUGA