Dende 17 de xullo, 2026 - Ata 17 de xullo, 2026
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo impulsa un espazo de encontro entre persoas emprendedoras, empresas e entidades para compartir ideas, xerar sinerxías e abrir novas oportunidades de colaboración.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 17 de xullo I 11:00 h - 13:00 h
📍 Pavillón de Congresos e Exposicións da Toxa. R/ Vilagarcía, n 160, O Grove, Pontevedra
Hai proxectos que buscan novas portas. Empresas que buscan novas solucións. Persoas que teñen talento, ilusión e ganas de facer cousas diferentes.
No marco do Encontro da Toxa, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo crea un punto de encontro para que esas historias se crucen e poidan xurdir novas oportunidades.
Durante a xornada conectaremos persoas emprendedoras, empresas e entidades a través de dinámicas participativas pensadas para que cada encontro poida ser o inicio de algo novo.
Porque no rural galego hai talento, hai iniciativas e hai futuro. O seguinte gran proxecto pode comezar cunha conversa.
Programa:
11:00 h - Recepción de asistentes e benvida.
11:10 h - Presentación do Polo de Emprendemento de Mondoñedo
Servizos, liñas de apoio e papel do Polo como facilitador de conexións entre emprendedores e empresas.
11:25 h - Rolda de presentacións
Intervencións breves das persoas emprendedoras e das grandes empresas participantes (pitch de 1-2 minutos): quen son, que fan e que tipo de colaboración buscan.
12:00 h - Dinámica de conexións dirixidas
Espazo dinámico no que as persoas participantes se moven libremente para establecer conversacións directas segundo intereses comúns identificados nas presentacións.
13.00 h - Peche e conclusións
Síntese das oportunidades detectadas e invitación a continuar as conexións xeradas a través do Polo.
![]()
ColaboradoresO Encontro - CESUGA