Dende 05 de novembro, 2025 - Ata 05 de novembro, 2025
Xornada práctica para dixitalizar, destacar e facer rendible o teu proxecto turístico, mantendo a súa autenticidade. Inspírate con casos reais, participa en talleres prácticos e conecta con outras persoas emprendedoras do territorio
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 5 de novembro | 10:00 a 13:30 horas
📍 Pazo Vista Real. Camiño de Boutrín, 7, Vilanova de Arousa, Pontevedra
O turismo en Galicia está a transformarse, e ti podes ser parte dese cambio. Se tes un aloxamento rural, estás a emprender no sector turístico ou queres darlle un novo pulo ao teu proxecto, esta é a túa cita!
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa acollerá o vindeiro 5 de novembro a xornada Turismo 2025: dixitaliza, posiciona e fai rendible o teu aloxamento, unha mañá chea de aprendizaxe onde poderás descubrir como mellorar a visibilidade en liña, atraer hóspedes ideais, optimizar reservas directas e poñer en valor a experiencia do cliente como ferramenta de fidelización.
Da man de Paula Tilve, consultora estratéxica especializada en hoteis independentes, descubrirás como dar visibilidade ao teu proxecto e aumentar a rendibilidade sen perder autenticidade. A sesión incluirá tamén o testemuño inspirador de Antía Vázquez, creadora de “O legado de Ramira”, un exemplo de turismo con propósito e identidade no corazón do Salnés.
A xornada rematará cun espazo de café-networking, pensado para conectar persoas emprendedoras e fomentar sinerxías no territorio.
🗓️ Programa da xornada
10:00 – 10:10 h
Benvida e presentación da actividade
10:10 – 11:10 h
🔹 "Os 3 piares dun aloxamento rendible: visibilidade, diferenciación e experiencia de cliente"
Con Paula Tilve. Casos reais e aprendizaxes prácticas.
11:10 – 11:40 h
🔹 Caso inspirador: O Legado de Ramira (Pontearnelas)
Con Antía Vázquez, propietaria e impulsora. Da idea ao proxecto real.
11:40 – 12:30 h
🔹 Taller práctico: deseña a estratexia do teu aloxamento en 5 pasos
Modelo guiado para poñer a funcionar a túa proposta turística con xeito.
12:30 – 13:00 h
🔹 Preguntas, reflexión e titorización express.
13:00 – 13:30 h
Café-networking entre participantes e poñentes.
Atrévete a dar o seguinte paso no teu proxecto turístico e conecta coa nova forma de viaxar, comunicar e emprender en Galicia!
![]()