Transmisión e remuda de negocios en Verín

Dende 22 de xuño, 2026 - Ata 22 de xuño, 2026

En Verín hai moito máis que negocios: hai historias, esforzo de toda unha vida e tamén futuro por construír. Esta xornada, organizada polo Polo de Verín en colaboración con AEVER, nace para unir esas dúas realidades e abrir unha conversa sinxela e práctica sobre como dar continuidade ao comercio local, coñecendo oportunidades reais para que ningún negocio teña que pechar por falta de relevo.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

 

🗓️ Luns, 22 de xuño I 20:30 h - 22:00 h

📍 Sede de AEVER en Verín. R/ Doutor Pedro González, 5 baixo, Verín, Ourense

 

En Verín hai negocios con historia, con portas abertas de toda a vida e con moita xente detrás que lle puxo corazón durante anos. E tamén hai novas persoas con ganas de emprender, de facer algo propio e de quedarse aquí, no territorio. Esta actividade é precisamente ese punto de encontro entre uns e outros.

 

A actividade "Transmisión e remuda de negocios en Verín" organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín en colaboración coa Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) dará a coñecer de forma clara e cercana as axudas do Bono Remuda, unha oportunidade pensada para que os negocios que precisan relevo poidan seguir adiante e non pechen a súa porta antes de tempo. Aquí non vai de discursos complicados, senón de coñecer opcións reais, de compartir experiencias e de ver que hai camiños posibles para manter vivo o comercio local.

 

Será un encontro entre xente de AEVER, persoas emprendedoras e o Polo de Verín, onde se explicarán tamén os servizos de apoio que existen e como poden axudar tanto a quen quere traspasar un negocio como a quen quere collelo e darlle continuidade.

 

A idea é sinxela: falar, resolver dúbidas e abrir portas. Porque detrás de cada negocio hai unha oportunidade, e ás veces só falta coñecela.

 

Programa: 

20:30 h - Recepción de asistentes e benvida

20:45 h - Presentación da actividade: Esther Gómez, presidenta de AEVER, e Brais Fidalgo, técnico da Rede de polos de emprendemento.

21:00 h - Descrición da problemática da transmisión de negocios e do Bono para a Remuda Xeracional a cargo de Brais Fidalgo, técnico do Polo de Verín.

21:45 h - Resolución de dúbidas e peche da xornada.

 

Difusión da cultura emprendedora

Voltar