Transmisión de negocios no comercio de Ribadeo

Dende 27 de maio, 2026 - Ata 27 de maio, 2026

Evento de networking entre asociados de Acisa-Centro Comercial Aberto de Ribadeo e persoas emprendedoras para coñecer as axudas do Bono Remuda que tratan de paliar o problema da falta de relevo xeracional no comercio galego.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 27 de maio I 20:15 h - 21:15 h 

📍 Casa do Viejo Pancho. R/ do Vello Pancho, n12, Ribadeo 

 

A actividade consiste nun encontro entre as persoas asociadas de ACISA Ribadeo e persoas emprendedoras, concibido como un espazo de comunicación e intercambio no que se abordará a problemática da perda de actividade comercial.

 

Durante a sesión, daranse a coñecer os detalles do Bono Remuda, así como os beneficios do asociacionismo no sector do pequeno comercio.

 

Así mesmo, realizarase a presentación dos servizos e das accións de apoio ao emprendemento desenvolvidas pola Rede de Polos de Emprendemento.

 

Tamén se exporán os servizos  dirixidos a comerciantes e empresas situadas no concello, impulsados por ACISA Ribadeo.

 

Por último, visibilizaránse os principais retos aos que se enfrontan os negocios xestionados por persoas próximas á xubilación, explorando alternativas para evitar a perda de actividade económica nas nosas vilas. Describiranse as axudas públicas dispoñibles para fomentar a transmisión de negocios.

Programa

20:15 

Recepción de asistentes e benvida. 

    20:30 

Presentación da actividade a cargo de Jesús Pérez Prada, xerente de Acisa Ribadeo e da Rede de Polos de Emprendemento a cargo de Belén López Cayón, técnico do Polo de Mondoñedo.

20:50 

Descrición da problemática da transmisión de negocios e do Bono para a Remuda Xeracional a cargo de Francisco Lago García, técnico do Polo de Mondoñedo.

21:15 

Resolución de dúbidas e peche da xornada

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresACISA-Centro Comercial Aberto de Ribadeo

Voltar