Transforma o teu proxecto nun espazo real

Dende 04 de xuño, 2026 - Ata 04 de xuño, 2026

Categorías: Outra

 

Encontro dirixido a emprendedores/as e enfocado en impulsar conexións, compartir coñecemento e xerar oportunidades de colaboración. A xornada incluirá dous talleres prácticos: un centrado nos aspectos clave previos á apertura dun negocio (licenzas, elección do local, custos e normativa), e outro orientado a como converter o espazo nunha vantaxe competitiva a través da diferenciación e a experiencia de cliente.

 

O evento concluirá con unha mesa redonda, un espazo para compartir aprendizaxes reais, retos e consellos prácticos para emprender.


Outra

Voltar