Dende 17 de outubro, 2025 - Ata 17 de outubro, 2025
Xornada práctica para transformar o teu márketing e as túas redes sociais con IA. Aprenderás a definir o posicionamento da marca, crear contidos con ferramentas de IA, automatizar publicacións e medir o impacto con datos.
Categorías: Formación
Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

🗓️ Venres, 17 de outubro | 15:30 - 19:30 h
📍 Feiranova S/N 15147, Coristanco
O tecido económico da Costa da Morte ten moito potencial para continuar medrando, pero para iso debe fortalecer a súa presenza dixital para aumentar a súa visibilidade e manterse actualizado coas novidades tecnolóxicas. As Intelixencias Artificiais son un dos principais recursos dixitais que están a revolucionar a comunicación, os contidos e a segmentación de audiencias.
Nesta sesión organizada desde o Polo de Coristanco, en colaboración coa Axencia Siete Olas, ofrecerase un obradoiro práctico para que as persoas participantes implementen diversas funcións da IA no seu negocio: dende a optimización de procesos ata a adaptación de tendencias aos contidos propios.
Programa
15:15 h - Recepción de participantes
15:30 h- A revolución da IA no marketing dixital
16:00 h - Estratexia de marca e posicionamento con IA
17:00 h - Pausa Café e Networking
17:30 h - Redes Sociais intelixentes e novos formatos de comunicación
18:30 h - Futuro do marketing dixital e claves para emprender con éxito
19:30 h - Peche da Xornada e Conclusións
Contidos
• Claves da IA: Como transforma o marketing, que tarefas automatiza con éxito (e cales non) e como aplicarla con criterio.
• Marca e posicionamento: Técnicas para reforzar a proposta de valor, analizar a percepción da marca e a competencia, e alinear mensaxes coa estratexia.
• Execución práctica: Creación de contidos con IA, planificación e automatización de publicacións, e análise de métricas para optimizar resultados.
Actualiza o marketing dixital do teu proxecto de emprendemento con todas as posibilidades que ofrece a IA.
![]()
ColaboradoresAgencia Siete Olas