Transforma ideas en vídeos atractivos con CapCut

Dende 30 de xuño, 2026 - Ata 30 de xuño, 2026

Categorías: Outra

 

Rede Eusumo organiza a formación en liña "Transforma ideas en vídeos atractivos con CapCut"

 

Datas: do 30 de xuño ao 14 de xullo de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

 

Obxectivo: Aprender a utilizar CapCut para crear contidos audiovisuais atractivos e profesionais de forma sinxela, potenciando a comunicación visual e a visibilidade do teu proxecto.

 

Público obxectivo: Persoas emprendedoras e público en xeral, que queiran crear contido audiovisual atractivo para potenciar a súa presenza dixital, a través de ferramentas sinxelas que lles permitan captar clientes e aumentar a visibilidade, sen depender de terceiros. 

 

Programa:

  • MÓDULO 1. Introdución a CapCcut e á linguaxe audiovisual
    • Comprendendo a edición de vídeo
    • Como se contrúe un vídeo
    • Descubrindo CapCut
  • MÓDULO 2. Edición básica de vídeo con CapCut
    • Preparando o proxecto
    • Traballando coa timeline
    • Creando o primeiro vídeo
  • MÓDULO 3. Creando o primeiro vídeo
    • Traballando co texto
    • Traballando coa timeline
    • Creando o primero vídeo
  • MÓDULO 4. Ferramentas avanzadas e Intelixencia Artificial en CapCut
    • Intelixencia Artificial aplicada á edición
    • Ferramentas avanzadas para creadores
    • Fluxo profesional e publicacións

 

As inscricións estarán abertas ata o 29 de xuño de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

 

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal


Outra

Voltar