Dende 07 de xullo, 2026 - Ata 07 de xullo, 2026
Un encontro organizado polo Polo de Baños de Molgas para compartir ideas, conectar axentes do territorio e dar un novo impulso ao emprendemento a través da colaboración, o traballo en rede e a creación dunha axenda común para o desenvolvemento local.
Categorías: Outra

🗓️ Martes, 7 de xullo I 10:00 h - 13:00 h
📍 Aula “Desorden” no Concello de Celanova. Pr. Maior, 1, Celanova, Ourense
O emprendemento medra cando as persoas e as entidades traballan da man. Por iso, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas convoca unha nova xuntanza presencial na que reunirá a todo o ecosistema emprendedor do territorio para seguir avanzando nunha estratexia compartida de desenvolvemento local.
Tras dúas primeiras edicións nas que se recolleu a visión de perfís técnicos e doutros axentes do territorio, este encontro marca un novo paso: compartir as principais conclusións acadadas ata o momento e poñer en marcha grupos de traballo estables centrados nos retos máis relevantes para o territorio.
A sesión celebrarase o 7 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas, en Celanova, e será un espazo para conectar persoas, compartir experiencias e transformar ideas en accións concretas.
Durante a xornada, os diferentes axentes locais analizarán conxuntamente as necesidades e oportunidades existentes, compartirán recursos e ferramentas e identificarán vías de colaboración que permitan fortalecer o emprendemento, impulsar o emprego e dinamizar a economía local.
Este encontro non supón o peche dun proceso, senón o inicio dunha nova etapa baseada na colaboración. O obxectivo é crear grupos de traballo dinámicos e participativos que permitan afrontar os desafíos do territorio desde unha perspectiva compartida, coordinando esforzos e convertendo os retos en oportunidades.
Como primeiro paso, traballarase na elaboración dunha axenda común que axude a aliñar intereses, definir prioridades e impulsar accións coordinadas capaces de xerar un impacto real e sostible no territorio.
Porque os mellores proxectos nacen cando o territorio pensa, decide e avanza en conxunto.
Programa
10:00 h - Recepción de asistentes e benvida.
10:05 h - Presentación da xornada e obxectivos da mesma
10:20 h - Presentación do informe das dúas reunións anteriores
11:00 h - Mesa de traballo, retos, escoita activa
12:00 h - Preparación de grupos de traballo
12:40 h - Café e networking
13:00 h - Clausura da xornada
![]()