Técnicas e xestión de vendas con IA para PEMES - Edición Mondoñedo -

Dende 15 de outubro, 2025 - Ata 15 de outubro, 2025

Curso semipresencial para actualizar estratexias comerciais co apoio da intelixencia artificial.

Categorías: Formación

Modalidades: Online, Presencial

 

15 de outubro, 3 meses de duración

Sedes do Polo de Mondoñedo

Semipresencial

 

O panorama tecnolóxico está en constante cambio, a través de ferramentas como as IAs, os CRM e a omnicanalidade. Porén, hai que aprender de xeito continuo a manexar estas novas ferramentas para implementalas nos negocios e impulsar a súa competitividade e visibilidade. 

 

Este itinerario organizado desde os Polos Friol e Mondoñedo en colaboración co IGAPE e EOI permitirache adquirir os coñecementos precisos para deseñar e executar un plan comercial orientado ao crecemento da túa empresa. 


 

Obxectivos

  • Aplicar novas técnicas de vendas e xestionalas con criterio.
  • Destacar os atributos que máis valoran as túas clientelas.
  • Deseñar experiencias de compra memorables.
  • Entender como a IA aporta contido e información se se usa con responsabilidade.
  • Negociar con técnicas persuasivas apoiadas en IA.
  • Detectar necesidades e adaptar a oferta.
  • Tomar decisións con datos (CRM e automatización).

Duración e certificación

Itinerario de 3 meses: 45 h lectivas presenciais + 18 h de titorías online + 30 h de traballo do alumnado (93 h no diploma). Emítese diploma acreditativo ao superar os requisitos de asistencia e o proxecto final.

Temario (resumo)

  • O novo mundo das vendas: físico + dixital.
  • Técnicas para atraer clientela.
  • Storytelling para vender.
  • Persuasión e neurovendas.
  • Demos que pechan vendas.
  • Venda consultiva: escoitar para vender.
  • Creación de contidos que venden.
  • Negociación sen medo e con axuda da IA.
  • Mellora da tenda online e presenza dixital.
  • Automatización e toma de decisións con datos.
  • Aspectos legais e financeiros.
  • Fidelización e networking.

 

Como participar?

Inscrición gratuíta para persoas emprendedoras e pemes da Rede de Polos da Xunta de Galicia. Prazas limitadas. Aberto o prazo de inscripción ata o 15 de outubro.

 

Descubre como aplicar as técnicas máis novidosas para fomentar o crecemento do teu negocio e inscríbete.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresEOI; IGAPE

Voltar