Dende 15 de outubro, 2025 - Ata 15 de outubro, 2025
Curso semipresencial para actualizar estratexias comerciais co apoio da intelixencia artificial.
Categorías: Formación
Modalidades: Online, Presencial

🗓️ 15 de outubro, 3 meses de duración
📍 Sede do Polo de Friol
💻 Semipresencial
O panorama tecnolóxico está en constante cambio, a través de ferramentas como as IAs, os CRM e a omnicanalidade. Porén, hai que aprender de xeito continuo a manexar estas novas ferramentas para implementalas nos negocios e impulsar a súa competitividade e visibilidade.
Este itinerario organizado desde o Polo de Friol en colaboración co IGAPE e EOI permitirache adquirir os coñecementos precisos para deseñar e executar un plan comercial orientado ao crecemento da túa empresa.
Obxectivos
Duración e certificación
Itinerario de 3 meses: 45 h lectivas presenciais + 18 h de titorías online + 30 h de traballo do alumnado (93 h no diploma). Emítese diploma acreditativo ao superar os requisitos de asistencia e o proxecto final.
Temario (resumo)
Como participar?
Inscrición gratuíta para persoas atónomas e pemes da Rede de Polos da Xunta de Galicia. Prazas limitadas. Aberto o prazo de inscripción ata o 15 de outubro.
Descubre como aplicar as técnicas máis novidosas para fomentar o crecemento do teu negocio e inscríbete
![]()
ColaboradoresEOI; IGAPE