Mulleres que cooperan: redes, oportunidades e economía social

Dende 29 de maio, 2026 - Ata 29 de maio, 2026

Xornada participativa dirixida a mulleres emprendedoras e persoas interesadas na economía social, orientada á creación de redes, ao intercambio de experiencias e á xeración de colaboracións entre proxectos. Un espazo para compartir retos, descubrir oportunidades e fortalecer o liderado e o emprendemento feminino a través da cooperación e o apoio mutuo.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres, 29 de maio I 10:00 h - 12:30 h 

📍 Sede do Polo de Ferrol. R/ María, n158, Ferrol 

 

Achégate a esta xornada participativa orientada á dinamización do ecosistema emprendedor feminino e ao fortalecemento da economía social a través da creación de redes, a cooperación e o intercambio de experiencias entre mulleres emprendedoras. 

 

Ao longo da xornada promoverase un espazo de encontro no que compartir inquietudes, identificar retos comúns e descubrir oportunidades de colaboración e apoio existentes no marco das políticas e recursos impulsados pola Xunta de Galicia e a Rede Eusumo. A actividade busca favorecer a conexión entre proxectos, impulsar sinerxías e fomentar futuras iniciativas colectivas baseadas na cooperación e no apoio mutuo.

 

Esta xornada é unha oportunidade para ampliar a túa rede, inspirarte e dar novos pasos no teu camiño profesional nun entorno de cooperación e apoio mutuo.

 

Apúntate e forma parte dunha rede de mulleres que medran xuntas a través da economía social.

 

Programa

10:00 h - Benvida e activación da xornada

  • Desenvolvemento dunha breve dinámica de presentación: nome, proxecto ou idea e que gustaría levarme hoxe desta xornada.

10:20 h - O que achega Medrando Xuntas

  • Intervención do persoal técnico de Medrando Xuntas da Rede Eusumo 

10:50h - Identificación de Retos e Oportunidades do emprendemento feminino

  • Retos habituais do emprendemento feminino.
  • Recursos dispoñibles ou oportunidades de apoio.
  • Colaboracións posibles entre as participantes

11:20 h - Pausa café

11:40 h - Mini taller “Da idea á Colaboración”:

  • Que fago.
  • Que necesito.
  • Que podo ofrecer.
  • Con quen me gustaría conectar.

12:10 h - Acordos para seguir medrando:

  • Compromiso compartido e rede: 1 contacto, 1 idea, 1 paso

12:30 h -  Conclusións e peche da xornada

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresMedarndo Xuntas da Rede Eusumo

Voltar