Tecendo redes online

Dende 26 de agosto, 2026 - Ata 26 de agosto, 2026

O Polo de Baños de Molgas organiza esta actividade en liña para fomentar o coñecemento e a colaboración entre persoas emprendedoras e profesionais

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Online

 

🗓️ Mércores, 26 de agosto I 10:00 h - 12:00 h
💻 En liña. Enviarase ligazón nas 24 horas previas á actividade

 

Es unha persoa emprendedora? Queres conectar con outros profesionais para compartir experiencias? Isto é para ti. O Polo de Baños de Molgas organiza esta actividade virtual para facilitar e fomentar o coñecemento mutuo entre beneficiarios do Polo e o tecido empresarial e comercial da zona. Tecendo redes online busca tamén ser unha canle para fortalecer lazos, intercambiar coñecemento e ampliar redes profesionais entre persoas con intereses comúns e establecer sinerxías.

 

PROGRAMA

 

10:00 h - Benvida e presentación da actividade. O persoal técnico do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas realizará a presentación da actividade.

 

10:10 h - Presentación das empresas e proxectos participantes. Cada participante disporá dun breve espazo para expor a súa iniciativa, localización, actividade e sector de pertenza.

 

11:20 h - Exposición de intereses, necesidades e obxectivos. As persoas participantes compartirán os seus retos actuais, necesidades de colaboración e obxectivos empresariais a curto e medio prazo.

 

11.50 h - Mesa de debate: intervención en quendas e captación de sinerxías en base ás exposicións realizadas. Recapitulación e síntese de ideas principais e recollida de datos de contacto para partillar.

 

 12:00 h - Despedida e agradecementos.

 

Inscríbete!

 

Online

Voltar