Tecendo colaboracións ca Asociación de Venezolanos do Deza

Dende 25 de xuño, 2026 - Ata 25 de xuño, 2026

Esta xornada é un espazo de encontro entre a comunidade venezolana do Deza e o Polo de Silleda para compartir experiencias, coñecer recursos de emprendemento e xerar novas conexións que impulsen ideas e proxectos na comarca.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

 

🗓️ Xoves, 25 de xuño I 19:00 h - 20:30 h 

📍 Sede da Asociación de Venezolanos do Deza. R/ Memorias dun Neno Labrego, n14, 1º. Lalín, Pontevedra 

 

Na comarca do Deza están a convivir historias de chegada, de adaptación e tamén de novas oportunidades. Moitas persoas venezolanas escolleron este territorio para comezar de novo, creando vínculos, rede e comunidade.

 

E cando as persoas se atopan, tamén nacen ideas, proxectos e ganas de emprender.

 

Esta xornada, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda en colaboración coa Asociación de Venezolanos del Deza, nace precisamente para iso: para abrir un espazo de encontro real entre a comunidade venezolana do Deza e o Polo de Silleda. Un lugar onde falar sen présas, compartir experiencias, escoitar necesidades e descubrir que recursos existen para dar forma a novas iniciativas.

 

Non é unha charla ao uso, senón un punto de encontro vivo, con conversa, participación e moitas ganas de conectar.

 

Aquí poderás coñecer de primeira man os servizos de apoio ao emprendemento, expresar as túas ideas ou dúbidas, descubrir oportunidades no territorio e, sobre todo, atopar outras persoas coas que sumar camiños.

 

Porque ás veces, o máis importante non é só ter unha idea… senón saber que non a tes que construír soa.

 

Un espazo para sentirte parte, para inspirarte e para empezar a facer rede no teu novo fogar.

 

Agardámoste para compartir, conectar e seguir medrando xuntas e xuntos.

 

Programa: 

19:00 h - Recepción de asistentes e benvida

Presentación do Polo de Emprendemento de Silleda e dos seus servizos

 

19:10 h - Presentación da Asociación de Venezolanos do Deza: funcionamento, servizos e retos actuais

 

19:30 h - Dinámica participativa: “A miña chegada ao Deza”

Espazo de diálogo en pequenos grupos para compartir: principais dificultades atopadas, necesidades actuais, recursos que botaron en falta, oportunidades detectadas na comarca.

 

20:00 h - Espazo de petisco-networking emprendedor. 

Presentación de ideas e proxectos, intercambio de contactos, detección de intereses comúns e posibles liñas de cooperación.

 

20:30 h - Peche da xornada 


Presencial

Voltar