Dende 09 de setembro, 2026 - Ata 09 de setembro, 2026
Conecta con outras mulleres emprendedoras, comparte experiencias e crea novas oportunidades nesta xornada organizada polo Polo de Melide
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 9 de setembro I 10:00 h - 12:15 h
📍 Sede do Polo de Melide. R/ Convento, n1, Melide, A Coruña
Cada proxecto ten detrás unha historia, pero tamén retos compartidos: a conciliación, o acceso a oportunidades, a creación de contactos ou a necesidade de atopar persoas coas que colaborar. Por iso nace " Tecendo alianzas: mulleres emprendedoras en conexión" unha xornada, organizada polo Polo de Melide en colaboración con Alecrin - Asociación de Mulleres Rurais da Comarca de Melide e Medrando Xuntas, pensada para conectar mulleres emprendedoras e converter as experiencias individuais en forza colectiva.
Ao longo da mañá participaremos en dinámicas de grupo, compartiremos ideas e abriremos un diálogo co colectivo Medrando Xuntas, que achegará a súa experiencia en liderado feminino, cooperación e economía social.
Un espazo para inspirarte, facer networking de verdade e saír con novas conexións e posibles colaboracións.
Inscríbete e tece novas alianzas!
Programa:
10:00 h - Recepción de asistentes e benvida.
10:05 h - Presentación da xornada
Contextualización, obxectivos e explicación da metodoloxía participativa
10:15 h - Dinámica participativa
Traballo do grupo estruturado en 3 bloques:
- Retos e atrancos: Que dificultades atopas no teu emprendemento?
- Oportunidades: Que fortalezas ou oportunidades identificas?
- Cooperación: Como podemos colaborar entre nós?
Resultados nun panel agrupando ideas propostas/temática.
10:35 h - Diálogo aberto con Medrando Xuntas
Presentación do colectivo Medrando Xuntas e espazo de conversa no que as participantes poden formular preguntas directamente ás integrantes de Medrando Xuntas, que compartiran experiencias, boas prácticas e claves para impulsar o liderado feminino, así como fórmulas de cooperación e creación de iniciativas en economía social.
11:00 h - Pausa-café
11:30 h - Ordenación de ideas e propostas de acción
Revisión conxunta das achegas e identificación de prioridades.
Definición de posibles liñas de traballo: creación de redes, colaboracións concretas e vías para reforzar o liderado feminino.
12:00 h - Conclusións
Síntese final, recollida de impresións e definición de posibles seguintes pasos.
12:15 h - Peche da xornada
![]()
ColaboradoresMedrando Xuntas - Alecrin