Tecendo alianzas: mulleres emprendedoras en conexión

Dende 17 de xuño, 2026 - Ata 17 de xuño, 2026

Xornada participativa dirixida a mulleres emprendedoras para impulsar a conexión, identificar as principais barreiras que se afrontan e definir liñas de acción conxuntas que favorezan o desenvolvemento profesional e empresarial.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 17 de xuño I 12:00 h - 14:00 h

📍 Sede do Polo de Monforte. R/ San Pedro, n3, Monforte de Lemos 

 

Se es unha muller emprendedora ou tes un proxecto en marcha, esta xornada é para ti. Un espazo aberto para compartir experiencias reais, falar dos retos do día a día e conectar con outras mulleres que, coma ti, están a construír o seu propio camiño.

 

Nesta sesión, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte en colaboración con Medrando Xuntas, imos poñer o foco en todo o que moitas veces non se ve no emprendemento feminino: as dificultades para acceder a financiamento, a conciliación, a soidade emprendedora ou a falta de redes de apoio. Pero tamén nas oportunidades, nas fortalezas e nas formas de colaborar para medrar xuntas.

 

Será un encontro participativo, cercano e práctico, onde poderás intercambiar ideas, escoitar outras experiencias e descubrir novas maneiras de colaborar, incluíndo modelos como o cooperativismo e a economía social.

 

Apúntate e forma parte dun espazo pensado para conectar e compartir. 

 

Programa

12:00 h - Recepción de asistentes e benvida. 

 

12:05 h - Presentación da xornada
Contextualización, obxectivos e explicación da metodoloxía participativa.

 

12:15 h - Dinámica participativa:
Traballo con todo o grupo arredor dunha única mesa. Estrutúrase en 3 bloques de 10 minutos con preguntas guía:

-Retos e atrancos: Que dificultades atopas no teu emprendemento?

- Oportunidades: Que fortalezas ou oportunidades identificas?

- Cooperación: Como podemos colaborar entre nós?

As achegas recóllense nun panel visible, agrupando ideas por temática.

 

12:45 h - Diálogo aberto con Medrando Xuntas
. Presentación de Medrando Xuntas por Cristina Mosteiro

. Espazo de conversa no que as participantes poden formular preguntas directamente ás integrantes de Medrando Xuntas, que compartiran experiencias, boas prácticas e claves para impulsar o liderado feminino, así como fórmulas de cooperación e creación de iniciativas en economía social.

 

13:15 h - Ordenación de ideas e propostas de acción
Revisión conxunta das achegas e identificación de prioridades. Definición de posibles liñas de traballo: creación de redes, colaboracións concretas e vías para reforzar o liderado feminino.

 

13:40 h - Conclusións
Síntese final, recollida de impresións e definición de posibles seguintes pasos.

 

14:00 h - Petiscos


Presencial

Información adicional

ColaboradoresMedrando Xuntas

Voltar