Dende 19 de outubro, 2026 - Ata 19 de outubro, 2026
Unha xornada, organizada polo Polo de Monforte de Lemos, para coñecer de preto un proxecto de emprendemento rural, compartir experiencias con outras mulleres emprendedoras e crear novas redes de colaboración.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Luns, 19 de outubro I 16:00 h - 18:00 h
📍 Fogar dos Soños - Lugar de Amandi, 2, Sober
Tras a boa acollida da primeira xornada, repetimos! E facémolo cun novo encontro para mulleres emprendedoras, pensado para seguir creando espazos nos que coñecernos, compartir experiencias e descubrir novas oportunidades para colaborar.
Nesta ocasión, coñeceremos de preto o proxecto do Fogar dos Soños, unha granxa de cabras que transforma produtos de proximidade en queixos e xeados artesáns e que representa unha forma de emprender, innovar e crear futuro no rural.
Pero esta xornada vai moito máis alá dunha visita. Será tamén un espazo para coñecernos, compartir experiencias, intercambiar ideas e descubrir posibles colaboracións con outras mulleres que, coma ti, están dando forma aos seus propios proxectos.
Porque ás veces unha conversa pode converterse nunha idea.
Unha idea, nunha colaboración.
E unha colaboración, nunha nova oportunidade.
Se queres ampliar a túa rede, coñecer outras iniciativas e atopar novas formas de medrar, esta xornada é para ti.
Un encontro para poñer en valor o emprendemento, os produtos de proximidade e todo o que podemos construír cando conectamos.
Programa:
16:00 h - Recepción de asistentes e benvida.
16:05 h - Presentación da xornada
16:15 h - Visita ao Fogar dos Soños.
Percorrido polas instalacións da granxa.
Coñecemento do proxecto emprendedor, do proceso de elaboración de queixos e xeados artesáns e da aposta polos produtos de proximidade
16:45 h - Encontro participativo entre emprendedoras
17:45 h - Conclusións
Síntese final, recollida de impresións e definición de posibles seguintes pasos.
18:00 h - Petiscos e peche da xornada
![]()
ColaboradoresO Fogar dos Soños