Taller práctico de intelixencia artificial para redes sociais

Dende 23 de febreiro, 2026 - Ata 23 de febreiro, 2026

Aprende a usar a intelixencia artificial para que o teu negocio comunique mellor, gañe visibilidade e conecte co seu público!

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Luns, 23 de febreiro I 15:00 h - 17:00 h 

💻 En liña 

 

O Polo de Vilanova de Arousa presenta un taller virtual pensado para que emprendedores e pequenos negocios saiban aproveitar ao máximo a intelixencia artificial. Descubre trucos prácticos para que as túas publicacións, imaxes e mensaxes sexan máis atractivas e profesionais sen complicacións.

En só 2 horas, aprenderás a:

  • Crear contidos que enganchen desde o primeiro momento
  • Mellorar a imaxe da túa marca de xeito rápido e coherente
  • Aforrar tempo e esforzo, centrándote no que realmente importa: crecer e vender máis

 

A sesión será guiada por Gabriel Oliveira, especialista en IA e automatización, que che mostrará como poñer todo en práctica desde hoxe mesmo para que, de forma autónoma, despegues o teu negocio. 

 

Non deixes pasar esta oportunidade de dar un salto na túa comunicación. Apúntate e transforma a maneira de conectar co teu público!

 

Programa

15:00h – Presentación e introdución
15:10h – IA especializada para creación e edición de imaxe
15:30h – IA especializada para xeración de vídeo
16:00h – IA para creación de orzamentos
16:30h – Outras ferramentas de IA útiles para o negocio


 


Online

Voltar