Taller práctico de intelixencia artificial para redes sociais

Dende 10 de novembro, 2025 - Ata 10 de novembro, 2025

A actividade estrutúrase como unha sesión práctica destinada a achegar ás pequenas empresas, comercios locais e proxectos emprendedores da zona as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial no ámbito da comunicación visual e creativa.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 10 de novembro | 20:30 - 22:30 h

📍 Rúa Diego Pazos, n 20, Sarria, Lugo

 

Imaxina poder xerar imaxes, vídeos e carteis profesionais en minutos e que a túa marca destaque nas redes sociais. No Taller práctico de intelixencia artificial para redes sociais iso é exactamente o que imos facer!

 

Unha sesión dinámica, práctica e inspiradora na que aprenderás a usar ferramentas de IA para que o teu negocio comunique de forma máis atractiva, rápida e profesional. Verás exemplos reais, crearás contidos adaptados ao teu proxecto e rematarás cun café-networking para conectar con outras persoas emprendedoras da zona.

 

🗓️ Programa da xornada

 

20:30h - Presentación e introdución.

20:40h - Generative AI para creación e edición de imaxe.

21:00h - Generative AI para xeración de vídeo

21:40h - Generative AI para deseño gráfico e carteis

22:20h - Generative AI aplicada á comunicación e negocio

22:30h – Conclusións, preguntas e café-networking

 

Non deixes escapar esta oportunidade! Aprende a usar a IA para crear contidos que conquisten clientes e fagan medrar o teu negocio! 


Presencial

Voltar